Para acceder á publicación de materiais, efectúa Login (co nome de usuario e a clave que che fornecemos). Logo busca File manager na barra lateral esquerda. Preme para entrar. Unha vez dentro, clica na folla cunha frecha negra (na dereita da barra superior de File manager). Escolle o teu arquivo htm feito con Hot Potatoes e súbeo. Agarda a que o cargue e logo anota (se é que non o sabes) o seu nome e a súa extensión; por exemplo: sinonimos.htm Xa podes saír e no navegador escribe (cambiando as maiúsculas): http://cursocontidos.brinkster.net/NOMEDOTEUARQUIVO.htm Verase e funcionará na rede.